Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade pon en marcha as melloras realizadas no sistema de tratamento da auga potable

Por 30 Xaneiro, 2022Xaneiro 31st, 2022Sin comentarios

O Concello de Rábade puxo en funcionamento os investimentos realizados na estación de tratamento de auga potable e na depuradora de augas residuais, segundo comunicou o equipo de Goberno.

As obras consistiron na execución do proxecto de renovación da tubaxe xeral de distribución e conexión das augas de lavado de filtros á rede de saneamento da ETAP de rábade, cun investimento total de 45.865,30 euros; así como na ampliación e mellora da instrumentación e control da EDAR de Rábade cun investimento de 45.311,20 euros.

“Coa execución destas obras pretendeuse mellorar e modernizar o sistema de captación de augas e depuración e control dos vertidos na EDAR, acadándose unha mellora substancial no funcionamento de ditos servizos grazas á renovación do equipamento existente e a instalación de novos sistemas de control”, detalla o Concello.

Esta actuación foi financiada por Augas de Galicia con cargo á Resolución de 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos destinadas a obras de abastecemento, saneamento e depuración, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.