Skip to main content
A PastorizaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Recollen doazóns de sangue o luns na Pastoriza e Riotorto

Por 28 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 31 de xaneiro nos concellos da Pastoriza e Riotorto, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 18.30 horas na praza do Concello da Pastoriza e de 19.00 a 21.00 horas a carón da igrexa de Riotorto.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.