Skip to main content
Vilalba

O CEIP Terra Chá entrega a Cruz Vermella un lote de alimentos para a súa campaña

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A comunidade educativa do CEIP Terra Chá reuniu este Nadal un total de 45 kgs de alimentos non perecedeiros que irán dirixidos a familias en risco de exclusión social.

Esta campaña integrouse dentro da organizada tamén por Cruz Vermella co obxectivo de incentivar a solidariedade nestas datas.

O colexio de Román, que se sumou dende o principio á iniciativa logrou xuntar unha gran cantidade de alimentos, que foron recollidos por Estefanía Barrio, no nome de Cruz Vermella e entregados polo director do centro.