Skip to main content
Vilalba

Os Xoves de Tapeo en Vilalba continúan este mes

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A asociación empresarial Sete Pontes continúa en Vilalba coa súa campaña orientada a impulsar a hostalaría do termo municipal.

Polo tanto, continúa en marcha a iniciativa que se desenvolve todos os xoves e que leva o nome Todos os xoves Xatapeo e Xacopeo en Vilalba e consiste en repartir entre os consumidores da hostalaría local diferentes premios.

Para participar, a clientela recibirá unha tarxeta que terá que selar coas súas consumicións dos xoves en polo menos cinco locais distintos. Unha vez cuberta a papeleta, depositarase nunha urna que haberá en cada establecemento.

Cada mes haberá premios diferentes e en xaneiro os participantes entrarán no sorteo dunha estancia para dúas persoas dunha noite nunha casa rural, dúas botellóns de Ribeira del Duero Tamiz, un vale para a gasolineira do polígono industrial e unha entrada para dúas persoas para ver ao CD Lugo na xornada 27 co Amorebieta.

Unha trintena de establecementos vilalbeses están integramos nesta iniciativa, na que non hai límite de participación por cliente.