Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba acusa á Xunta de incumprimento en obras e investimentos

Por 16 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Concello de Vilalba lamenta “a deslealdade e o esquecemento da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, hacia o noso municipio”.

“A Xunta de Galicia leva dez anos incumprindo con Vilalba, sen facer obras comprometidas e sen atender as peticións prioritarias do concello, como o tan necesario centro de día ou o mantemento da estación de autobuses”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

O concello lembra por outra parte que leva investidos no actual mandato municipal 700.000 euros no rural e as parroquias grazas ao acordo con Vilalba Aberta e outros 200.000 euros do plan de obras da Deputación de Lugo, mentres que da Xunta só chegaron 97.000 euros derivados dos convenios co Agader.

“Por outra parte, a Xunta asinou un convenio hai dez anos para darlle unha solución ás beirarrúas das rúas Cidade de Lugo e Guadalupe, pero a día de hoxe seguen nun estado lamentable e o responsable é Alberto Núñez Feijóo, que foi quen asinou o acordo”, afirma Fernández.

O concello engade que os únicos investimentos que recibe do goberno galego proceden do Fondo de Compensación Ambiental e lle corresponden a Vilalba polos parques eólicos que ten.

“Temos que lembrarlle ao presidente da Xunta, que hoxe está de visita en Vilalba, que o seu goberno debe atender a todos os concellos, non só aos gobernados polo PP”, remata o concelleiro de Infraaestruturas.