Skip to main content
Vilalba

Entregados os premios do certame de Microrrelatos de Vilalba

Por 18 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Casa da Cultura de Vilalba acolleu a entrega de premios do III Certame de Microrrelatos Día do Libro 2021, organizado polo Concello de Vilalba en colaboración con Culturalia GZ.

No acto lembrouse a importancia da creación literaria, “cunha esixencia engadida neste formato reducido que obriga a condensar historias e outorgar valor a cada palabra”.

Na categoría infantil os premios foron para, en primeiro lugar Mencía Naz Martín, pola obra Onde estou”, (de Vigo); seguida da vilalbesa Paula Pérez Cendán, con Océano. O terceiro foi declarado deserto.

En categoría xuvenil gañou Abril Viqueira Pose, con Vía de escape (natural de Ordes). Tamén recibiun premio a viguesa Lucía Martínez Lago, con Normal, e Mariña Maceiras Segovia, con Xurista (residente en Pontevedra).

Na última categoría, na de adultos, o primeiro premio foi para Jose Ángel Corral Suárez, coa peza Crescendo, (de Bertamiráns). O segundo foi para José Manuel Souto Lema, con Uns polos outros (de Coristanco) e pechou a listaxe Patricia Torrado Queiruga,  con En carne viva (de Porto do Son).

O Concello de Vilalba agradeceu o labor de dinamización cultural de Culturalia, na figura de Martiño Maseda, así como o acompañamento de Henríquez Alvarellos de Alvarellos Editora para a publicación que integrará esta edición e a vindeira.

O xurado estivo representado polo escritor, profesor e crítico literario Armando Requeixo; Mercedes Queixas, profesora e escritora, e Ánxela Gracián, tradutora e escritora.