Skip to main content
Vilalba

Abre o segundo prazo de inscrición para as escolas deportivas de Vilalba

Por 18 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Abriu o segundo parzo de inscrición ás Escolas Deportivas Municipais de Vilalba para o curso 2021-2022, que teñen como obxectivo fomentar os programas deportivos, especialmente en idade escolar.

As actividades creadas impulsan a actividade física, un dos piares de mantemento e mellora da saúde, mais aínda nun tempo de pandemia que implicou unha diminución dos niveis de práctica deportiva.

Deste modo, retómanse este ano as Escolas Deportivas Municipais 2021-2022, que non se levaran a cabo no curso pasado debido á restritiva e cambiante normativa das autoridades deportivas e sanitarias competentes, as cales limitaron durante todo o ano a práctica deportiva non federada, chegando a estar prohibida nalgúns períodos do inverno.

O prazo de inscrición para este novo curso abarca dende este luns, 20 de xaneiro, ata o 2 de febreiro. As inscricións poden realizarse telematicamente a través da APP https://app.sporttia.com/scs/1528/profile ou da Sede Electrónica https://vilalba.sedelectronica.es/info.1

A través da Sede Electrónica do Concello de Vilalba, os usuarios/as deberán ter certificado dixital, DNI electrónico ou outro método de identificación deste tipo. Non obstante, a través da APP “Sporttia”, as inscricións poden realizarse sen ningún destes documentos.

En total, ofértanse case todas as modalidades deportivas, como tenis, tenis de mesa, ximnasia rítmica, triatlón, disciplinas rítmicas, baloncesto, fútbol, loita olímpica, iniciación deportiva, fútbol sala, judo, baile, entre outras. Pero non quedan vacantes en patinaxe de iniciación e ioga e pilates nas quendas 1.