Skip to main content
Vilalba

Nova semana de recollida de plásticos de silos en Vilalba

Por 21 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba pon en marcha como en anos anteriores a campaña de retirada dos plásticos de uso agrícola e gandeira. Esta semana realizará a primeira rolda do ano 2022.

Desta forma, o concello facilita a reciclaxe e reutilización dun elemento altamente contaminante pola súa complicada degradación. A recollida só se realizará nos puntos de recollida establecidos en cada unha das parroquias.

Para favorecer os procesos de carga e descarga, os plásticos deberán de depositarse atados. O concello fai un chamamento á responsabilidade dos veciños e veciñas para que nestes puntos só se depositen plásticos agrícolas.

Para outro tipo de residuos, está aberto o punto limpo no polígono industrial, en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.