Skip to main content
Vilalba

Inma Purriños, nominada aos premios FEPFI

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños volve optar un ano máis aos Premios FEPFI de Fotografía Profesional, organizados pola Federación Española de Profesionales de Fotografía y de la Imagen, que este ano celebra a súa VI edición e no que é habitual a participación desta chairega.

Inma Purriños xa recibiu varios premios e distincións polo seu traballo. Este ano preséntase ao galardón no apartado de natureza e competirá con outras nove fografías nestes apartado, dos seis que hai.

O gañador darase a coñecer o día 29 de xaneiro en Talavera de la Reina, durante o acto de entrega de galardóns.