Skip to main content
Vilalba

Entregados os premios de Merca e Gaña no Comercio Local de Vilalba

Por 23 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba fixo entrega aos gañadores da campaña Merca e Gaña no Comercio Local dos seus premios. Trátase de Juana Eusebia López Paz, Mar Castro García, Dolores Mª Durán Roca e Nerea Martín Bello.

Cada unha delas leva como premio un vale de 500 euros para consumir nos establecementos que elixan, entre os que participaron na Campaña.

Entregaron os premios Marta Rouco, concelleira de comercio do Concello de Vilalba, e Antía Naveiras e Moisés Carballeira, representante de comercio e tesoureiro da Asociación de Empresarios Sete Pontes, respectivamente.