Skip to main content
Vilalba

A Escola de Movemento volve convocar o concurso de baile en liña

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Debido ao éxito da primeira edición, a Escola de Movemento de Vilalba volveu convocar o seu concurso de baile en liña. Este concurso celebrouse o ano pasado debido á paralización da actividade debido á covid pero o éxito obtido levounos a convocar este ano unha segunda edición

O prazo para inscribirse para este concurso de baile no que os interesados deberán presentar un vídeo coa súa proposta, para a que poderán escoller temática, canción e escenario.

Haberá distintas categorías, en función da idade. Así, estará o apartado baby, para os nados no ano 2014 e posteriores; infantil, para os de entre o 2005 e o 2013; e xuvenil, con data de nacemento anterior a 2014.

Creouse tamén a categoría familia, para aqueles nenos que participan formando equipo cos seus proxenitores ou avós.