Skip to main content
Axenda Caducada

Convocan unha charla sobre taekwondo en Vilalba

Por 26 Xaneiro, 2022Febreiro 5th, 2022Sin comentarios

A asociación World Moo Duk Kwan convoca unha charla coloquio sobre o tema O Tae Kwon- Do nas fases do ser humano (adulto e vellez), acto totalmente gratuíto pero limitado por aforo aos 60 primeiros rexistrados.

A sesión terá lugar o 5 de febreiro ás 11.30 horas na casa da cultura de Vilalba. Será imprescindible formalizar a inscrición na escola ou a través dun formulario web.

A charla coloquio será presentada polo mestre Antonio Montes (presidente da World Moo Duk Kwan) e contará coa achega dos mestres Manuel Barreto Calvo, Carlos Fraguela Muiño e Jose Luís Garrapucho Cermeño; todos eles mestres con experiencia por máis de 40 anos no taekwondo, pioneiros no deporte galego, formadores de múltiples medallistas rexionais, nacionais, internacionais, inclusive olímpicos.

Durante a sesión farase unha reflexión sobre os beneficios que a práctica deste deporte puiden achegar ao individuo cando afronta a idade adulta e inclusive na vellez, farase unha crítica construtiva sobre a evolución que o taekwondo está a ter e como inflúe na práctíca nestas etapas da vida.