Skip to main content
Vilalba

Aberto o prazo nas clases de xadrez no Espazo Xove de Vilalba

Por 31 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Espazo Xove de Vilalba, dependente da Consellería de Política Social, lembra que ten aberto o prazo para participar na actividade de xadrez.

Esta ten lugar todos os xoves de 18.00 a 20.00 horas e nas sesións semanais pódese aprender a xogar e aprendere novas tácticas nestas clases gratuítas.

Tamén está aberta a participación nos distintos torneos que se celebran con premios e agasallos. Para informarse ou anotarse poden poñerse en contacto telefónico os interesados no 982 828 340.