Skip to main content
Xermade

O belén de Momán engade outro Rei Mago

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 10th, 2022Sin comentarios

A polémica non falta estes días no tradicional belén de Momán, que dende hai uns días conta cun cuarto Rey Mago, vestido de árabe e escondido entre os outros Magos, en referencia á posible volta de Juan Carlos I a España.

O belén de Momán, elaborado entre o párroco Luis Ángel Rodríguez Patiño e os veciños, utiliza sempre este marco para facer unha crítica da actualidade dese ano. Así, faise referencia á polémica sobre os negocios ocultos e as regularizacións fiscais do rey emérito.

“No belén da capela de San Antonio de Momán de Xermade aparece un cuarto Rei Mago detrás dos outros tres, de branco e tapado para non ser recoñecido e un cartel detrás onde os tres reis pregúntanse quen é ese que vén detrás e o Rei grítalles e dilles : Queredes Calarvos. O cuarto Rei Mago chámase Juan Carlos. Porque existe un cuarto rei mago, e é o máis poderoso de todos. Como ousaron ocultarnos algo así? Como se atreveron? Desconfío agora do mundo enteiro. Pero non culpemos sempre ao próximo. Asumamos nosa parte de responsabilidade: que cegos estivemos! Anos e décadas véndoo na tele, nos seus discursos e os seus desfiles, e non ser capaz de detectar ese gran poder que emanaba.

Pero por fin véxoo todo claro, e agora pódoo afirmar sen medo a equivocarme: Juan Carlos I, Rey de España, é o cuarto rei mago.

O rei quere volver a España e non sabe como facelo… ata que ve aos Reis Magos de Oriente e acéndeselle a lámpada”, relata o párroco de Momán.