Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade abre un Aula Mentor na Biblioteca

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade anunciou a apertura dunha Aula Mentor que está instalada nas dependencias da Biblioteca Municipal, nunha das salas de lectura.

As Aulas Mentor son un programa de formación on line, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias pesoais e profesionais que lles permitan reforzar as posibilidades de empregabilidade.

O Concello anunciou que a Aula Mentor  tamén poderá utilizar outra sala para que o alumnado teña máis privacidade á hora de realizar as titorías. En ambos os casos contan cun espazo de traballo amplo e cómodo para desenvolver as súas tarefas.

O equipamento do que disporán os usuarios está composto por 3 ordenadores portátiles, altofalantes e micrófonos, impresora – escáner conectados a internet mediante fibra óptica.

Todos os cursos poden ser realizados dende o domicilio. Necesitaríase un  ordenador e conexión a internet. Soamente terían que ir a Aula Mentor a realizar as probas de avaliación. Os cursos teñen un custo de 24 euros ao mes. A matrícula incial é, en xeral, dous meses.

A aula mentor terá un horario amplo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas. O sábados será de 10:00 a 14:00 horas.

As persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofrecen pode chamar ao Concello de Xermade e preguntar polo administrador da aula, Ernesto Ares, que lles informará dos pasos a seguir.