Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade remata o proceso de compra dun camión contraincendios

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade e a Deputación de Lugo asinaron un convenio interadministrativo de colaboración para a adquisición dun camión contraincendios o 30/12/2020. O prazo de xustificación remataba o 30/09/2021, pero foi solicitada e concedida unha prórroga ata o 30/11/2021, dadas as dificultades para adquirir un vehículo usado que cumprira os requisitos necesarios para satisfacer as necesidades municipais.

Como informou o alcalde, en data 16/11/2021 solicitouse a modificación do obxecto do convenio, dado que o vehículo atopado tiña un prezo de 11.000,00 euros, e pretendíase destinar o importe restante a outro investimento, neste caso a adquisición da Casa Reitoral de Santa María de Xermade.

A modificación do convenio formalizouse o 23/11/2021, e o 30/11/2021 xustificáronse os gastos, por importe total de 61.000,00 euros, dos cales 11.000,00 euros corresponden ao camión adquirido ao Concello de San Tirso de Abres (Asturias) e 50.000 euros á reitoral.