Skip to main content
Uncategorized @gl

Segue sen freo o aumento de novos contaxios e a hospitalización

Por 2 Xaneiro, 2022Xaneiro 3rd, 2022Sin comentarios

A provincia de Lugo continúa sumando positivos e aumentando a hospitalización cun elevado número de veciños en corentenas, en especial nas vilas máis grandes. Aos casos que se sumaron durante a celebración da Noiteboa súmanse agora os de Fin de Ano, que continúa a crecer.

Durante este dous días sumáronse en total 774 casos activos ata os 4.330 que hai hoxe. Trátase de 851 novos positivos nas dúas xornadas festivas, ás que se engaden 164 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 26.001 casos rexistrados e 259 persoas falecidas, catro delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria continúa a subir. Na UCI do Hula hai agora 7 ingresados (2 máis que venres), mentres en planta son 19 pacientes (4 máis), 12 no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña e 4 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

A covid segue expandíndose. Despois de Lugo, que subiu 128 casos nunha xornada, Sarria é o seguite en volume de crecemento con 46 enfermos máis. Destacan tamén Vilalba (26), As Pontes e Burela (21) ou Viveiro (16).

A Mariña

  • A Pontenova: 12 casos.
  • Barreiros: 27 (3 máis).
  • Burela: 152 (46 máis).
  • Cervo: 39 (7 máis).
  • Foz: 62 (12 máis).
  • Lourenzá: 32 (2 máis).
  • Mondoñedo: 33 (1 máis).
  • O Vicedo: 13.
  • Ribadeo: 107 (24 máis).
  • Viveiro: 155 (30 máis).
  • Xove: 23 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • Abadín contaxios: 10.
  • A Pastoriza: 11.
  • As Pontes: 132 (20 máis).
  • Begonte: 22 (6 máis).
  • Castro de Rei: 30 (5 máis).
  • Cospeito: 47 (8 máis).
  • Friol: 29 (7 máis).
  • Guitiriz: 45 (8 máis).
  • Meira: 11 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 61 (10 máis).
  • Rábade: 19 (1 máis).
  • Vilalba: 219 (27 máis).
  • Xermade: 18 (3 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Unha semana limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 24 enfermos (2 máis).
  • O Incio: 19 (3 máis).
  • Paradela: 14.
  • Sarria: 196 (49 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Samos, O Páramo e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 28 positivos (4 máis).
  • Baleira: 10.
  • Baralla: 30 (5 máis).
  • Becerreá: 28 (5 máis).
  • Castroverde 34 (3 máis).
  • Guntín: 28 (7 máis).
  • Lugo: 1.619 (294 máis).
  • Monterroso: 35 (4 máis).
  • O Corgo: 40 (4 máis).
  • Palas de Rei: 27 (5 máis).
  • Portomarín: 12 (1 menos).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Cervantes, Pedrafita, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11 enfermos.
  • Bóveda: 12 (2 menos).
  • Carballedo: 10.
  • Chantada: 86 (13 máis).
  • Monforte: 336 (43 máis).
  • O Saviñao: 37 (3 máis).
  • Pantón: 40 (14 máis).
  • Quiroga: 41 (3 máis).
  • Sober: 36 (8 máis).
  • Taboada: 27 (4 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.