Skip to main content
Uncategorized @gl

Tres falecidos na provincia engrosan a lista de vitimas da covid

Por 4 Xaneiro, 2022Xaneiro 5th, 2022Sin comentarios

A covid segue cobrando o prezo das festas de Nadal cos contaxios novos por riba dos 5.000 e con tres novos falecidos.

Así, hoxe hai 5.068 casos activos, 391 máis que onte, con 468 novos contaxios e 72 altas. Onte os casos subiron en 247, con 397 novos contaxios e 49 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 26.863 casos rexistrados e 262 persoas falecidas, sete delas nesta sexta vaga. Son polo tanto tres as persoas que o Sergas contabilizou onte pero que morreron durante as festas de Nadal. Trátase dunha muller de 91 anos e un home de 89 que faleceron no Hula (a primeira o día 30 de decembro e o segundo o 1 de xaneiro), e un varón de 94 no hospital de Burela, tamén o día 1.

A presión hospitalaria redúcese con estes falecementos. Na UCI do Hula hai 6 ingresados (1 menos), mentres en planta son 30 pacientes (3 menos), 12 no de Lugo (2 menos), 4 na Mariña (1 máis)  e 4 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

A práctica totalidade dos concellos suman positivos e só quedan dous sen casos, Muras e Ribeira de Piquín. Ademais, só 14 teñen menos de dez contaxiados e o crecemento é elevadísimo en Lugo (133 máis), Burela (40), Sarria (30), Monforte (24), Viveiro (19) e Vilalba (14).

A Mariña

  • A Pontenova: 15 casos (1 máis).
  • Barreiros: 30 (3 máis).
  • Burela: 203 (40 máis).
  • Cervo: 47 (9 máis).
  • Foz: 72 (11 máis).
  • Lourenzá: 39 (6 máis).
  • Mondoñedo: 33.
  • O Vicedo: 15 (2 máis).
  • Ribadeo: 118 (8 máis).
  • Viveiro: 186 (19 máis).
  • Xove: 28 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • Abadín: 13 contaxios (1 máis).
  • A Pastoriza: 18 (3 máis).
  • As Pontes: 150 (8 máis).
  • Begonte: 33 (5 máis).
  • Castro de Rei: 42 (3 máis).
  • Cospeito: 51 (2 máis).
  • Friol: 32 (1 máis).
  • Guitiriz: 52 (1 máis).
  • Meira: 11.
  • Outeiro de Rei: 67 (5 máis).
  • Rábade: 25 (5 máis).
  • Vilalba: 246 (14 máis).
  • Xermade: 21 (3 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Unha semana limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 30 enfermos (3 máis).
  • O Incio: 19 (1 menos).
  • Paradela: 16 (1 máis).
  • Samos: 13 (2 máis).
  • Sarria: 264 (30 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Páramo e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 34 positivos (3 máis).
  • Baleira: 11 (1 menos).
  • Baralla: 37 (1 máis).
  • Becerreá: 35 (5 máis).
  • Castroverde 37 (1 menos).
  • Cervantes: 10.
  • Guntín: 32.
  • Lugo: 1.879 (133 máis).
  • Monterroso: 39 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 10.
  • O Corgo: 47 (8 máis).
  • Palas de Rei: 31 (5 máis).
  • Portomarín: 17 (5 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Pedrafita, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 14 enfermos (2 máis).
  • Bóveda: 16 (2 máis).
  • Carballedo: 11.
  • Chantada: 93 (4 máis).
  • Monforte: 380 (24 máis).
  • O Saviñao: 36 (1 máis).
  • Pantón: 43 (3 máis).
  • Quiroga: 43.
  • Sober: 39 (2 máis).
  • Taboada: 32 (5 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.