Skip to main content
Uncategorized @gl

Un novo falecido nunha xornada de crecemento do virus

Por 5 Xaneiro, 2022Xaneiro 6th, 2022Sin comentarios

A covid continúa campando na provincia e aumentando o número de afectados.

Así, hoxe hai 5.549 casos activos, 481 máis que onte, con 563 novos contaxios e 88 altas. Onte os casos subiron en 391, con 468 novos contaxios e 72 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 27.433 casos rexistrados e 263 persoas falecidas, oito delas nesta sexta vaga. É un máis que onte, cando se comunicaron tres decesos, unha muller de 79 anos no hula.

A presión hospitalaria redúcese con estes falecementos. Na UCI do Hula seguen 6 ingresados, mentres en planta son 18 pacientes (2 menos), 11 no de Lugo (1 menos), 3 na Mariña (1 menos)  e 4 en Monforte.

POR COMARCAS

Hoxe aumentan os concellos sen casos actualmente, sendo xa tres: a Muras e Ribeira de Piquín súmase Negueira de Muñiz. Ademais, só 10 seguen por debaixo dos dez contaxiados (4 menos que onte) e o crecemento é elevadísimo en Lugo (173 máis), Viveiro (34), Sarria (30), Monforte (24), Burela (23), Chantada (17) e Monforte (14).

A Mariña

  • A Pontenova: 17 casos (2 máis).
  • Barreiros: 32 (2 máis).
  • Burela: 226 (23 máis).
  • Cervo: 56 (9 máis).
  • Foz: 85 (13 máis).
  • Lourenzá: 38 (1 menos).
  • Mondoñedo: 34 (1 máis).
  • O Valadouro: 15.
  • O Vicedo: 17 (2 máis).
  • Ourol: 12.
  • Ribadeo: 125 (7 máis).
  • Viveiro: 220 (34 máis).
  • Xove: 33 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 15 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 17 (1 menos).
  • As Pontes: 156 (6 máis).
  • Begonte: 41 (8 máis).
  • Castro de Rei: 44 (2 máis).
  • Cospeito: 54 (3 máis).
  • Friol: 39 (7 máis).
  • Guitiriz: 59 (7 máis).
  • Meira: 13 (2 máis).
  • Outeiro de Rei: 74 (7 máis).
  • Rábade: 23 (2 menos).
  • Vilalba: 254 (8 máis).
  • Xermade: 21.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Unha semana limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 46 enfermos (16 máis).
  • O Incio: 18 (1 menos).
  • O Páramo: 11.
  • Paradela: 17 (1 máis).
  • Samos: 14 (1 máis).
  • Sarria: 282 (18 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 40 positivos (6 máis).
  • Baleira: 11 (1 menos).
  • Baralla: 38 (1 máis).
  • Becerreá: 39 (4 máis).
  • Castroverde 39 (2 máis).
  • Cervantes: 13 (3 máis).
  • Guntín: 36 (4 máis).
  • Lugo: 2.052 (173 máis).
  • Monterroso: 41 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 11 (1 máis).
  • O Corgo: 47.
  • Palas de Rei: 33 (2 máis).
  • Portomarín: 18 (1 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Pedrafita e Antas de Ulla.
  • Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos (1 menos).
  • Bóveda: 16.
  • Carballedo: 13 (2 máis).
  • Chantada: 110 (17 máis).
  • Monforte: 394 (14 máis).
  • O Saviñao: 40 (4 máis).
  • Pantón: 49 (6 máis).
  • Quiroga: 39 (4 menos).
  • Sober: 40 (1 máis).
  • Taboada: 32.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.