Skip to main content
Uncategorized @gl

O novo sistema de xestión da covid do Sergas estreáse con datos de contención

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O novo sistema de control de casos covid xa empeza a dar os seus froitos cun descenso de casos activos e tamén cunha baixa de novos contaxios, polo que o rexistro da actuación do virus non é tan fiable e real xa que moitos dos casos, que se detectan nos fogares non rematarán a partir da agora nas estatísticas oficiais. Axuda tamén na ralentización do crecemento o elevado número de altas na última xornada.

O crecemento concello a concello ralentízase claramente ao deixar o Sergas de controlar como ata o de agora a expansión da covid. De feito, chama a atención que cando deberían estar sumándose máis positivos das festas de fin de ano, o virus nos datos oficiais tenda a remitir.

De feito, son moitas as queixas de que en moitos centros de saúde non se logre comunicar por teléfono e no de atención da Xunta os operadores estean sempre ocupados.

Así, hoxe hai 6.182 casos activos, 211 máis que onte, con 406 novos contaxios e 210 altas. Onte os casos subiron en 422, con 547 novos contaxios e 126 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 28.404 casos rexistrados e 265 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria volve incrementarse. Na UCI do Hula hai agora 5 ingresados (1 menos), mentres en planta son 25 pacientes (2 máis), 12 no de Lugo (1 menos), 7 na Mariña (2 máis)  e 6 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Muras, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz levan polo menos unha semana sen novos contaxios, por tercer día consecutivo. Ademais, só 7 concellos seguen por debaixo dos dez contaxiados (igual que onte). Destaca de novo o crecemento  elevado en Lugo (74 máis, cando onte foron 138), Sarria (26) e Monforte (12). O resto, agás As Pontes (con 10), están por debaixo do 9 casos novos.

A Mariña

  • Alfoz: 11 casos.
  • A Pontenova: 26 (4 máis).
  • Barreiros: 32 (4 máis).
  • Burela: 264 (7 máis).
  • Cervo: 59 (3 máis).
  • Foz: 87 (2 máis).
  • Lourenzá: 41 (3 menos).
  • Mondoñedo: 39 (1 máis).
  • O Valadouro: 17 (2 máis).
  • O Vicedo: 16 (1 máis).
  • Ourol: 18 (5 máis).
  • Ribadeo: 132 (5 menos).
  • Viveiro: 239 (9 máis).
  • Xove: 37.
  • Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 18 contaxios (3 máis).
  • A Pastoriza: 20 (3 máis).
  • As Pontes: 178 (10 máis).
  • Begonte: 43.
  • Castro de Rei: 52 (4 máis).
  • Cospeito: 61 (3 máis).
  • Friol: 35 (2 menos).
  • Guitiriz: 75 (9 máis).
  • Meira: 12.
  • Outeiro de Rei: 77 (1 máis).
  • Rábade: 34 (7 máis).
  • Vilalba: 257 (1 máis).
  • Xermade: 23).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 49 enfermos.
  • O Incio: 21 (1 máis).
  • O Páramo: 12 (1 máis).
  • Paradela: 16 (1 menos).
  • Samos: 14 (1 menos).
  • Sarria: 326 (26 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 53 positivos (5 máis).
  • Antas de Ulla: 10.
  • Baralla: 39.
  • Becerreá: 48.
  • Castroverde 41 (2 menos).
  • Cervantes: 19 (1 máis).
  • Guntín: 40.
  • Lugo: 2.264 (74 máis).
  • Monterroso: 49 (1 máis).
  • Navia de Suarna: 12.
  • O Corgo: 48.
  • Palas de Rei: 41 (3 máis).
  • Portomarín: 20 (3 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais e Pedrafita. Únese Baleira.
  • Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15 enfermos (2 máis).
  • Bóveda: 13 (2 menos).
  • Carballedo: 14.
  • Chantada: 120 (7 máis).
  • Folgoso do Courel: 11 (1 menos).
  • Monforte: 414 (12 máis).
  • O Saviñao: 37 (3 menos).
  • Pantón: 53 (5 máis).
  • Quiroga: 40.
  • Sober: 47 (2 máis).
  • Taboada: 34 (2 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.