Skip to main content
Uncategorized @gl

Primeiras baixadas de casos activos destacadas en Vilalba e Monforte

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

Continúa a tendencia á contención nos datos que ofrece agora a Xunta de Galicia cun descenso de novos contaxios e un elevado número de altas. Aínda así, os casos seguen a alza. Así, hoxe hai 6.311 casos activos, 129 máis que onte, con 372 novos contaxios e 243 altas. Onte os casos subiron en 211, con 406 novos contaxios e 210 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 28.776 casos rexistrados e 265 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria volve incrementarse. Na UCI do Hula hai agora 5 ingresados , mentres en planta son 27 pacientes (2 máis), 16 no de Lugo (4 máis), 6 na Mariña (1 menos)  e 5 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Comezan a aparecer os rexistros de descenso de casos nalgúns municipios, especialmente no sur e en Monforte (25 menos) e Vilalba (19). Lugo diminúe en novos contaxios, (58 máis, cando onte foron 74) e tamén suma Burela (18 máis), Láncara (15) e Sarria (11).

Muras e Ribeira de Piquín son os únicos que levan polo menos unha semana sen novos contaxios. Ademais, só 9 concellos seguen por debaixo dos dez contaxiados (dous máis que onte).

A Mariña

  • A Pontenova: 27 (1 máis).
  • Barreiros: 38 (6 máis).
  • Burela: 282 (18 máis).
  • Cervo: 59.
  • Foz: 95 (8 máis).
  • Lourenzá: 42 (1 máis).
  • Mondoñedo: 33 (6 menos).
  • O Valadouro: 18 (1 máis).
  • O Vicedo: 17 (1 máis).
  • Ourol: 11 (1 menos).
  • Ribadeo: 129 (3 menos).
  • Viveiro: 239.
  • Xove: 38 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 23 contaxios (5 máis).
  • A Pastoriza: 20.
  • As Pontes: 183 (5 máis).
  • Begonte: 436 (3 máis).
  • Castro de Rei: 55 (3 máis).
  • Cospeito: 56 (5 menos).
  • Friol: 36 (1 máis).
  • Guitiriz: 75.
  • Meira: 11 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 78 (1 máis).
  • Rábade: 35 (1 máis).
  • Vilalba: 238 (19 menos).
  • Xermade: 24 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 64 enfermos (15 máis).
  • O Incio: 21.
  • O Páramo: 18 (6 máis).
  • Paradela: 17 (1 máis).
  • Samos: 18 (4 máis).
  • Sarria: 337 (11 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 55 positivos (2 máis).
  • Antas de Ulla: 12 (2 máis).
  • Baralla: 45 (6 máis).
  • Becerreá: 48.
  • Castroverde 37 (4 menos).
  • Cervantes: 19.
  • Guntín: 40.
  • Lugo: 2.322 (58 máis).
  • Monterroso: 55 (6 máis).
  • Navia de Suarna: 13 (1 máis).
  • O Corgo: 41 (3 máis).
  • Palas de Rei: 42 (1 máis).
  • Pedrafita: 12
  • Portomarín: 20.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Baleira e Negueira de Muñiz.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos (2 menos).
  • Bóveda: 11 (2 menos).
  • Carballedo: 14.
  • Chantada: 123 (3 máis).
  • Folgoso do Courel: 13 (2 máis).
  • Monforte: 389 (25 menos).
  • O Saviñao: 38 (1 máis).
  • Pantón: 49 (4 menos).
  • Quiroga: 39 (1 menos).
  • Sober: 42 (5 menos).
  • Taboada: 32 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.