Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Primeiras confirmacións para a oitava edición do Osa do Mar de Burela

Por 14 Febreiro, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Festival Osa do Mar de Burela puido confirmar a celebración da oitava edición do festival burelés que se celebrará a fin de semana do 2 e 3 de setembro.

Para a realización desta edición fixeron a primeiros de ano unha captación de fondos para poder organizar a oitava edición.

Así, marcouse obxectivo de chegar aos 3.000 euros, para poder afrontar os primeiros trámites e os gastos básicos, e logrouno en menos de dous semanas e a día de hoxe recaudaron 10.510 euros.

Tamén, dende a organización, informaron das primeiras confirmación para o festival de música alternativa que son Anabel Lee, Arde Bogotá, bertomusica, Karavana e LA LA LOVE YOU.