Skip to main content
O Valadouro

O sábado 26 volve o Mercado de Primavera do Valadouro

Por 28 Febreiro, 2022Xuño 9th, 2022Sin comentarios

O sábado 26 de marzo o Concello de Valadouro celebrará como é tradicional o seu  Mercado de Primavera no que ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais, a hostalería da vila ofrece nesa fin de semana unha xornada gastronómica adicada ao tapeo.

Conferencias e coloquios adoitan completar a programación desta feira, que polo momento non está pechada, así como, actividades para os nenos, roteiros, mostras, e un desfile de zocas.