Skip to main content
AlfozComarca AMARIÑAXAO Valadouro

Veciños de Alfoz crean a Plataforma Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral

Por 19 Febreiro, 2022Febreiro 21st, 2022Sin comentarios

Veciños da comarca e máis concretamente de Alfoz veñen de constituir a Plataforma de veciños afectados pola macro central hidroeléctrica do Xistral, coa intenciónde achegar ao conxunto da veciñanza un punto de encontro para tratar, organizar e propoñer tod  tipo de actos informativos e reivindicativos relacionados co anteproxecto da central hidroeléctrica reversible Xistral.

Esta Plataforma constitúese como un movemento apartidista, pluralista,  inclusivo, equitativo e respectuoso coas opinións dos que forman parte da  mesma.  

“Somos un colectivo sen ánimo de lucro, de carácter asembleario e de libre  adhesión, que xunta a tódolos cidadáns e colectivos que estean  sensibilizados coa finalidade da nosa Plataforma, sen intereses  particulares nin partidistas”, din dende a Plataforma. 

A finalidade desta asociación é a de informar aos cidadáns da magnitude  deste anteproxecto e as súas consecuencias reais desde o punto de vista paisaxístico, patrimonial, medioambiental, económico, social, etnolóxico e  cultural, así como axudar ás persoas afectadas na defensa dos seus  dereitos. 

“O obxectivo é o de defender a comarca e particularmente O Valadouro e Alfoz do espolio ao que se pretende someter”, engaden “consideramos que é unha irresponsabilidade ignorar as enormes consecuencias negativas que este proxecto pode provocar sobre o noso  territorio, as poboacións, a despoboación, a paisaxe, a biodiversidade, o  patrimonio público, os recursos e sobre os ecosistemas dos que  dependemos”. 

Por iso, o seu lema é “A terra non é unha herdanza  dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos”. 

PROXECTO

Esta central construiríase por unha empresa zaragozana en terreos do Concello do Valadouro e que afecta en menor medida a Alfoz e Ourol e a Xove e Cervo coa construción das liñas de evacuación da alta tensión.

Ademais esta central sería a maior de toda Galicia en xeración de enerxía xa que xerará 935 megavatios fronte aos 313 da de Ponte Bibei e 570 da que se está planificando nas Pontes.

Segundo o proxecto, que aínda non se coñece totalmente e sempre despois da súa aprobación, as obras prolongaríanse durante catro anos. O que se sabe de momento é que o ser reversible terá dous embalses de auga situados a diferentes alturas, o máis alto estará en Rego das Balsadas, en Vilacampa, afectando así a unha pequena parte de Ourol. E o máis baixo estaría situado xunto a Rego no Concello do Valadouro limitando co de Alfoz.

Así mesmo, será necesario construír unhas liñas de alta tensión para poder evacuar a enerxía producida e que probablemente iría ca Xove e Cervo.