Skip to main content

O sábado 12 disputouse no campo de fútbol Viñas da Veiga de Mondoñedo a quinta xornada da LNB NorLeste. No que se celebrou o décimo aniversario da primeira xogada de billarda nese campo.

Este foi xa a XI aberto da Tarta no que un total de 65 palanadores se deron cita (5 cativos,13 donas e 47 homes).

A suspensión  da xornada anterior, foi razón mais que xustificada para que os palanadores debeceran por xogar, e quizás, foi motivo de que moitos se precipitaran no golpexo da billarda perdendo efectividade. As puntuacións non foron tan altas como era de agardar nunha tarde moi axeitada para a práctica deportiva e co do terreo de xogo en excelente estado.

Emocionante e loitada de poder a poder, a xornada cumpriu e Mondoñedo foi testemuña do nacemento dunha nova estrela billardeira.

Mateu, un dos benxamíns da conferencia do equipo de Madia Leva de Lugo, acadou a segunda mellor puntuación da tarde xunto a Daniel, de Billardeiros Musicais, con 22 puntos cada un, con que disputou o segundo e terceiro posto do podio. Finalmente non puido co campión nacional, mais deulle guerra, gañoulle unha carreira e forzou un novo desempate. Primeiro foi Charli de Carabullo con 23 puntos acadados.

En donas Irea, de Carabullo, con 19 puntos seguida de Aroa, Billardeiros Musicais, con 18 e de Tania, Troitas Bravas, con 8 puntos. En infantís, dominio de Mateu, Madia Leva, segunda Aroa e terceiro Diego, Madia Leva.

O triunfo de Carabullo en equipos, permítelle dar un chimpo e comandar a clasificación xeral, segundo Billardeiros Musicais e terceiro Madia Leva.

O seleccionador Manolo Flores xunto con Merce de Mondoñedo, fixeron a entrega aos gañadores das tartas de rigor.

A vindeira cita será  o sábado 5 de marzo 2022 co aberto de Flores en San Miguel de Reinante.

CLASIFICACIÓNS DA XORNADA

Individual:

David Navallo (Troitas Bravas)             95 p

Sachas            (Troitas Bravas)               94 p

Manu Pozo     (Billardeiros Musicais)  93 p

Donas:

Aroa                (Billardeiros Musicais)  73 p

Irea                  (Carabullo)                     48 p

Geni                (Billardeiros Musicais) 40 p

Equipos:

Carabullo                                               383 p

Troitas Bravas                                      380 p

Billardeiros Musicais                          379 p

Varados:

Sachas            (Troitas Bravas)          2