Skip to main content
Burela

Hoxe retómase a celebración do mercado semanal de Burela

Por 25 Febreiro, 2022Sin comentarios

Despois da polémica suscitada pola suspensión da celebración do mercado semanal dos venres desde o 11 de febreiro ata novo aviso, o Concello burelés anunciou que hoxe retómase o devantido mercado

O alcalde, Alfredo Llano, anunciara que a suspensión obedecía “a proceder á reorganización dos postos en Torrentes para mellorar a seguridade e a fluidez nesa zona”. 

O rexedor explicou que “na zona de Torrentes vamos sinalizar ben os postos onde teñen que ir colocados, abarcando o máximo posible para dar fluidez e seguridade. Como é necesario e urxente reorganizar os postos, estamos avisando aos vendedores de que este venres xa non haberá o mercado ata novo aviso”.

Subliñou: “procuraremos facer a reorganización o antes posible, chamando a todos os vendedores que queiran vir ao mercado para que quede dunha maneira máis definida, fluída e con maior seguridade e garantía de que todos poidan instalar o seu posto no seu sitio. Esperemos telo solucionado o antes posible para que ninguén se sinta prexudicado”.