Skip to main content
Mondoñedo

Suelo Atlántico e Concello apostan por parcelas de menos de 80 euros no polígono mindoniense

Por 17 Febreiro, 2022Sin comentarios

A xerente da sociedade estatal, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes e xestora de 13 polígonos industriais en Galicia, reuniuse coa tenente de alcaldesa, Elena Candia, para expoñerlle as novas propostas para dinamizar e impulsar un polígono empresarial con moi boas opcións de crecemento.

En concreto, Beatriz Sestayo avanzou a Elena Candia a vontade de SEA e de Sepes de estudar novas fórmulas para atraer a empresas ao polígono de Mondoñedo.

A xerente de SEA e a tenente de alcaldesa coincidiron, ademais, en valorar distintas fórmulas, que serán estudadas de forma conxunta, coas que poder poñer en valor esta área industrial.

Na actualidade, lembrou, Mondoñedo é un dos polígonos de SEA no que se ofrece chan baixo o réxime de Dereito de Superficie, un sistema similar ao alugueiro con opción a compra, que permite ás empresas instalarse por menos de 80 euros ao mes (ao redor de 800 euros anuais) durante as primeiras anualidades.

O custo das parcelas elévase levemente durante os seguintes anos, pero os adxudicatarios poderán seguir neste sistema ata 30 anos ou ben optar a comprar a parcela. No prezo de venda descóntase parcialmente a cantidade achegada durante os anos anteriores.
Na actualidade, SEA oferta seis parcelas en dereito de superficie, desde os 959’9 metros cadrados ata os 1.441’72, cun canon basee o primeiro e o segundo ano desde 791’92 ata 1.382 euros anuais.

No polígono de Mondoñedo instalouse recentemente unha nova empresa, vinculada á produción de formigón, que se suma aos talleres que xa operaban previamente.

A área industrial ten unha localización idónea, destacou Beatriz Sestayo, para sectores vinculados á agricultura, ao sector forestal ou industrial, e dispón de todos os servizos necesarios, como redes eléctricas e saneamento, para que as distintas empresas poidan iniciar a súa actividade.

Beatriz Sestayo valorou positivamente a colaboración do Concello e coincidiu con Elena Candia na importancia da colaboración institucional. Sestayo quixo tamén poñer en valor as fórmulas impulsadas polo Concello para revitalizar o polígono.

Esta área industrial conta cunha superficie bruta de 70.000 metros cadrados, dos que 39.566 son netos de uso mixto (industrial ou terciario), de fácil acceso cara ao norte de Lugo e os portos da provincia da Coruña, e con aeroportos próximos, como o de Asturias ou o de Alvedro.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L. é unha Sociedade Mercantil Estatal, participada, maioritariamente, cun 83,44 %, polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana do Goberno de España, a través de Sepes, Entidade Estatal de Chan.
No accionariado tamén se integran a Xunta de Galicia, cun 14,91% e ABANCA, como posuidora dun 1,65%.