Skip to main content
Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo eliminará o feísmo na rúa Regueira

Por 21 Febreiro, 2022Sin comentarios

O goberno de Mondoñedo dará conta no vindeiro pleno municipal da intervención proxectada na rúa Regueira. Esta actuación será financiada con fondos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do plan Hurbe, e do Concello. O orzamento ascende a máis de 43.000, dos cales 13.870 euros os aporta o Concello de Mondoñedo.

“Deste xeito continuamos coa execución das actuacións proxectada na área Rexurbe”, sinalan desde o Goberno local.

O Concello xa ten dispoñibilidade de terreos e conta con todas as autorizacións sectoriais para acometer esta intervención e, así, eliminar o feísmo no entorno do Camiño Norte.