Skip to main content
Ourol

Os Aturuxeiros de Bravos preparan un curso de iniciación de inglés

Por 13 Febreiro, 2022Febreiro 16th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos informou de que a partir do próximo 27 de febreiro e ata o 27 de marzo terá lugar no local social un pequeno curso de iniciación ó inglés para xente de todas as idades con ou sen coñecementos previos.

Será os domingos de 16.30 a 18.00 horas e a idea é qpasar un bo rato aprendendo á vez que se practica o idioma. O prezo será de 10 euros para socios e 20 euros para non socios.

Para participar será necesaria a previa inscrición a través do Whatsapp da asociación, de mensaxe privada nos seus Facebook ou Instagram, ou en persona con calquer membro da directiva.