Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol selecciona 6 peóns forestais

Por 26 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol selecciona 6 peóns forestais dentro do programa Fomento de emprego 2021, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2021 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Xa están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de seis peons forestais a xornada parcial (75 %).

Contará cun tipo de contrato por obra ou servizo determinado a xornada parcial (75 %) e cunha duración de 6 meses. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 2 ao 8 de marzo de 2022 (ambos inclusive).

Para máis información será necesario pregunta no Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982 559 109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do Concello.