Skip to main content
A Pontenova

O Concello da Pontenova subasta 17 fincas

Por 3 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello da Pontenova vén de facer público que subasta 17 fincas de titularidade municipal e que son masas comúns de concentracións parcelarias.

A maioría das fincas, 15 fincas, atópanse en Santo Estevo e outras dúas están en Vilaboa e Vilameá, e varían na súa superficie dende os 180 metros cadrados ata case 54.000 metros.

Así mesmo tamén varía o prezo inicial da poxa que vai dende os 148,26 euros por unha finca de 600 metros cadrados aos 26.158,84 euros pola de 53.930 metros cadrados.

O prazo para a presentación de ofertas rematada o vindeiro 16 de febreiro e para obter a documentación ou información haberá que dirixirse ao Concello, chamar ao teléfono 982 342 277 ou ben no perfil do contratante.