Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto terá unha festa de Entroido infantil

Por 20 Febreiro, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido infantil o martes 1 de marzo. A xornada, que será de 17.00 a 20.00 horas, contará con inchables e talleres ademais do tradicional desfile.

Despois da festa ás 20.00 horas, que se celebrará no pavillón polideportivo, poderase desfrutar de chocolate con churros.

Para participar non será necesario anotarse previamente no Concello.