Skip to main content
Trabada

Trabada busca cartel anunciador do Entroido

Por 11 Febreiro, 2022Sin comentarios

A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, ten aberto o concurso do cartel anunciador para o Entroido 2022. O prazo de presentación de deseños estará aberto ata o venres 18 de febreiro e o fallo do xurado será público o domingo 20.

Este concurso ten un premio de 50 euros e deberán entregarase no Spar Express de Trabada. Cada participante tan só poderá entregar un máximo de dúas obras.

Polo momento non teñen definida a data do Desfile de Entroido, aínda que sempre adoita ser o derradeiro evento de Entroido da Mariña e previsiblemente será o sábado 12 de marzo.

Para participar é necesario anotarse chamando ao 636 864 132 ou o mesmo día do desfile antes das 17.00 horas.