Skip to main content
O Valadouro

O PP de Alfoz pide que se detalle o proxecto da central hidroelétrica

Por 8 Febreiro, 2022Sin comentarios

O PP insta ao Concello de O Valadouro a que informe detalladamente aos veciños sobre a proxectada central hidroeléctrica.

“A construción dunha central hidroeléctrica constitúe en toda circunstancia unha noticia relevante para o municipio no que se leva a cabo esta infraestruturas. Diante da tramitación no Ministerio de Transición e Reto Demográfico dun proxecto para unha central hidroeléctrica en O Valadouro”, o grupo do PP neste municipio reclama do goberno local información detallada respecto ás previsións para dita infraestrutura e de como afectará aos veciños.

O portavoz popular, José Manuel Lamela, destaca que, en todo caso, “o PP de O Valadouro estará sempre do lado dos veciños e apoiándoos en todo o que sexa preciso”. Lamela avisa de que a execución dun proxecto desta magnitude pode ter consecuencias irreversibles para o municipio, polo que é necesario coñecelo en profundidade e analizar detidamente os aspectos que poden ser favorables e os que poderían resultar prexudiciais.

O portavoz popular insta ao goberno local a efectuar as xestións adecuadas para informar en detalle aos residentes no municipio. Asegura que esta iniciativa xera moitas dúbidas e incertezas entre os veciños, polo que é preciso que se lles facilite toda a información necesaria. A desinformación, puntualiza Lamela, xera inquedanza nos veciños de O Valadouro.

Os populares esperan que o goberno local atenda esta demanda, que responde ao sentir da maioría dos residentes no municipio de O Valadouro.