Skip to main content
Vegadeo

O Concello de Vegadeo súmase a campaña de compostaxe doméstica

Por 11 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vegadeo súmase a campaña sobre compostaxe doméstica no que convidan a todos os veciños a comezar con está boa e medioambiental iniciativa.

Os participantes recibirán un colector de compostaxe, a formación necesaria para manexar e facer un compost de calidade, unha guía de consulta e ademais poderán asesorarse co servizo de Educación Ambiental de Cogersa.

Para participar haberá que ter un horto ou xardín na vivenda habitual ou preto dela, comprometerser a usar a compostadora de manera cotiá, asistir a xornada formativa e a sesión de reforozo que se fará no outono.

As inscricións están abertas ata o 28 de febreiro no Concello de Vegadeo. Para máis información poderase chamar ao teléfono 900 141 414 ou consultar na web www.compostacogersa.es.