Skip to main content
O Vicedo

O Concello de O Vicedo renova o seu portal web turístico

Por 10 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de O Vicedo renova o seu portal web turístico poñendo ao día tanto en contidos como o deseño, para obter un aspecto moi moderno, en consonancia coas novas tendencias nas webs actuais. Os principais cambios estéticos afectan ao colorido, que segue as cores do lema turístico O Vicedo: Natureza Envolvente.

En canto aos contidos, foron reforzados aspectos como a ubicación dos diferentes elementos turísticos e, sobre todo, ampliouse a información práctica sobre o gran punto turístico do Vicedo na actualidade: O Fuciño do Porco. Neste apartado, ademais de todo o relativo á reserva de praza (nos meses de verán), dase infomación práctica sobre accesos, puntos a visitar, outras visitas cercanas, aparcadoiros, etc. Tamén hai un apartado de preguntas frecuentes.

Outra información moi importante é toda a relativa ás praias, miradoiros, etc puntos frecuentemente visitados polos turistas, ademais da información do patrimonio natural e histórico do municipio.

Finalmente, un apartado dedicado aos establecementos de hostelería de todo o concello, de cara a ofrecer información ao visitante á hora de preparar unha visita e atopar onde aloxarse e onde comer.

Aínda que a web acaba de ser renovada, os contidos iranse ampliando co tempo de cara a ofrecer unha información moito máis ampla sobre cada punto de interese.