Skip to main content
Axenda Caducada

ADEGA organiza unha xornada de limpeza no río Rato este domingo 6 de febreiro

Por 2 Febreiro, 2022Febreiro 6th, 2022Sin comentarios

A delegación de Lugo de ADEGA organiza este domingo, 6 de febreiro, unha nova limpeza de ríos, concretamente nun treito do Río Rato á altura de Albeiros, dende ás 11.00 horas ata as 14.00 horas.

Esta actividade xorde ante a necesidade de retirar o lixo existente no río, procedente na súa meirande parte da mala xestión doméstica, nomeadamente as toalliñas, preservativos, paus dos ouvidos… que se botan polo wc, e que rematan no río cada vez que as grandes choivas saturan as canalizacións de augas cuxas e os pozos de tormenta liberan estas augas, con todo o que conteñen ao río.

O obxectivo desta actividade é a concienciación social que entre todos e todas realizan,
axudando con pequenas accións a manter un bo estado de conservación nos ecosistemas
fluviais.

Para participar na actividade é preciso inscribirse antes do venres 4 de febreiro ás 14.00 horas chamando ao 982240299 ou escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, DNI, e teléfono de contacto.