Skip to main content
Axenda Caducada

Sober ofrece un curso gratuíto sobre a aplicación do Sergas aos seus veciños

Por 3 Febreiro, 2022Febreiro 17th, 2022Sin comentarios

O Concello de Sober quere facilitar a modernización dos seus veciños un eido básico como é o sanitario cun curso gratuíto sobre a nova aplicación do Sergas (Sergas-Móbil).

Esta aplicación permite pedir citas médicas, citas para receitas, descargar informes médicos ou o certificado Covid.

O curso terá lugar os días 15, 16 e 17 de febreiro na aula de informática do Concello de Sober en horario de 12:00 a 13 horas.

As persoas interesadas en anotarse poden chamar ao 982 460 001.

Esta aplicación está dispoñible tanto en galego como en castelán.

A persoa usuaria disporá dunha tarxeta sanitaria virtual permitindo así o seu almacenamento no móbil. Esta, equivale á tarxeta física para efectuar as xestións precisas no servizo galego de saúde e nas farmacias. Ademais, posibilita a supresión do contacto físico nas interaccións entre profesionais e pacientes.

A cita de atención primaria é un dos servizos máis buscados e empregados. Desta forma, poderase consultar as citas e obter a quenda. Ademais, proporciona as indicacións para chegar ao centro da cita dende a localización que precise.

Existe a opción da videoconsulta, na que os expertos manteñen unha atención personalizada sen desprazarse ao centro. Esta funcionalidade simple, accesibles, que ten por obxectivo derribar barreiras a través da atención personalizada virtual de calidade, con capacidade de dar unha boa resolución sanitaria.

A xeolocalización faccilitará atopar novos centros de saúde.

Tamén conta cun apartado Certificados COVID para consultar e descargas os certificados personais europeos.

Na aplicación pódese xestionar varios perfís de pacientes diferentes, ler as últimas novas publicadas polo Servizo Galego de Saúde, acceder as diferentes perfís das redes sociais do Sergas e consultar as notificacións de carácter xeral enviadas polo Sergas.