Skip to main content
Axenda Caducada

Chus Rodríguez e Martina Gómez ofrecerán unha charla-coloquio sobre a violencia machista

Por 3 Febreiro, 2022Sin comentarios

Hoxe, xoves 3 de febreiro a Secretaría da Muller de CCOO da Unión Comarcal de Lugo, organiza unha charla-coloquio sobre a Violencia Machista, na que participarán a psicóloga social Chus Rodríguez e a loitadora feminista Martina Gómez.

Esta charla pretende ser a antesala de diferentes actos que CCOO ten previsto facer ante a próxima celebración do Día Internacional da Muller.

A charla dará comezo ás 18.00 horas na casa sindical.

Martina Gómez, activista feminista perdeu a súa irmá ao ser asasinada pola súa parella no ano 2016. Foi parte da folga de fame que tivo lugar en Madrid no ano 2017 para protestar contra a violencia machista.

O Día Internacional da Muller, anteriormente denominado Día Internacional da Muller Traballadora, conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home.