Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Xove confirma que este ano haberá desfile de Entroido

Por 3 Febreiro, 2022Febreiro 26th, 2022Sin comentarios

O Concello confirma que haberá desfile de Entroido este ano e como en anos anteriores, o día escollido vai ser o sábado de Entroido, que este ano cae o 26 de febreiro.

Dende a Concellería de Cultura comunicaron que xa sacaron as Bases do Gran Desfile polas rúas de Xove, e que este ano contan con 4.910 euros en premios, que se desglosan do seguinte xeito.

Haberá oito categorías repartidas en carrozas, comparsas de 10 persoas, comparsas adultos e infantís de 3 a 9 persoas, parellas adultos e parellas infantís, individual adulto e infantil.

Os premios para as carrozas serán de 500 euros para o primeiro, 350 o segundo, 250 para o terceiro e cuarto, e 200 euros para o quinto e sexto posto. Para as comparsas e grupos de dez persoas ou máis os premios serán de 300 euros o primeiro, 250 o segundo, 200 euros para o terceiro e cuarto, e 150 para quinto e sexto.

Para os grupos de adultos e os de infantil de 3 a 9 persoas serán de 130 o primeiro, 100 o segundo, 70 para o terceiro e cuarto, e 60 euros para o quinto e sexto.

Para parellas de adultos e infatís os premios serán de 70 euros para o primeiro, 60 o segundo, e 50 euros para terceiro e cuarto. Para a categoría de individuais adultos e infantís serán de 60 euros o primeiro, 50 o segundo, e 40 para terceiro e cuarto.

Ademais haberá un premio para o disfraz mais orixinal, pode ser tanto individual como colectivo, un premio ao participante máis maior e outro premio ao conxunto mais numeroso. Todos eles levarán un premio de 30 euros cada un. Asímesmo, o participante mais novo recibirá un agasallo valorado en 30 euros.