Skip to main content
Axenda Caducada

Láncara acollerá unha xornada de montaxe e materiais sobre a pesca a mosca en febreiro

Por 4 Febreiro, 2022Febreiro 26th, 2022Sin comentarios

O Clube de Pesca Río Neira organiza o vindeiro sábado 26 de febreiro dunha xornada de montaxe de moscas, exposición e ventas de materiais sobre a pesca a mosca. Unha modalidade de pesca que utiliza unha cana e reclamo artificial chamado mosca. A pesca con mosca practícase usualmente en lagos, ríos e no mar. Tamén é coñecida como pesca con cola de rata.

O encontro dará comezo ás 10.00 horas no Bar Avenida de Pobra de San Xiao para trasladarse dende alí ao local que pon a disposición do club o Concello de Láncara. Dúas tendas de material de pesca levarán ata alí o material indicado para que os asistentes o coñezan de primeira man e o compren con vistas ao comezo da tempada de pesca nas dúas semanas seguintes á celebración da cita.

Ademais, catro montadores Javi López, Luís Sandamil, Ali Pérez e E.J. estarán montando mostras para que os asistentes aprendan as diferentes técnicas.

Sobre as 12.30 horas, o escritor Francisco Narla fará a presentación do seu libro De Hombres y Ríos unha obra que amosa os segredos dos integrantes da selección española de pesca a mosca que conseguiu tres ouros e dous bronces no últimos cinco campionatos mundiais FIPS- Mouche.

Haberá unha parada para comer na Taberna Airexe e pola tarde continuarase coa xornada no local do Concello montando mostras.

INSCRICIÓN

A inscrición da xornada e a comida terá un custe de 25 euros para os non socios do Clube e será necesario chamar ao número 606 318 225.

PRESENTACIÓN
Desde ríos de montaña a grandes táboas de chaira, sen esquecer os lagos, enfrontándose a troitas repoboadas ou salvaxes, cada un dos membros do equipo elixiu un escenario e unha técnica: streamer, ninfa ao fío, seca sobre peixe visto ou sobre eclosión, tándem, lago desde embarcación, lago desde beira, etc.

Nestas páxinas, xornada a xornada, os campións descóbrennos os seus segredos, con especificacións técnicas e referencias bibliográficas xamais vistas. Unha auténtica aprendizaxe da man dos mellores pescadores do mundo.