Skip to main content
Axenda Caducada

Xermade organiza este mes un obradoiro de móbiles e outro de cerámica

Por 6 Febreiro, 2022Febreiro 20th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará este mes de febreiro dous cursos que se partirán polas parroquias.

Así, o primeiro que está organizada será un obradoiro de manexo de móbiles smartphone, que se impartirá os sábados 12 e 19 de febreiro. Terá lugar polas mañás en Cazás, entre as 12.00 e as 14.00 horas na Escola do Calvario; e polas tardes en Roupar de Abaixo, na Escola da Criba, entre as 16.00 e as 18.00 horas.

Neste curso os asistentes aprenderá a traballar cada un co seu propio dispositivo, empezando polas funcións mási básicas ata as máis avanzadas.

Por outra banda, os do,ingos 13 e 20 será a vez dun obradoiro de iniciación á cerámica, no se que se elaborarán pezas de barro que se poderán levar para a casa. Na primeira xornada faranse as pezas e na segunda a decoración das mesmas.

Polas mañás o curso terá lugar na Casa Escola de Cabreiros, entre as 12.00 e as 14.00 horas, e, pola tarde, en Xermade, na Nave municipal, de 16.00 a 18.00 horas.

As inscricións poden facerse por whatsapp ao 678 744 178 indicando o nome, lugar de empadroamento e curso ao que se quere asistir ou no propio Concello. Teñen un importe de 15 euros.