Skip to main content
Axenda Caducada

4.000 euros en premios no Entroido de Ribadeo

Por 7 Febreiro, 2022Marzo 1st, 2022Sin comentarios

Concello de Ribadeo e Acisa asumen neste 2022 a organización do Entroido ribadense. Será unha versión reducida, haberá baile infantil e o desfile o 1 de marzo, no que se repartirán 4.000 euros en premios. Ambas citas estarán adaptadas ás normas sanitarias fixadas en cada momento pola Xunta de Galicia.

A programación está destinada a quen máis goza deste evento, as crianzas da casa, polo esta edición inclúe o baile infantil na sala Rosalar, o domingo 27 de febreiro as 17:00 horas, e o desfile de Entroido, que terá lugar o martes 1 de marzo a partir das 17.00 horas. Nos días previos haberá animación na rúa, a cal se irá anunciando sobre a marcha nas redes sociais do Concello.

Comunicaron que non vai haber as previas festas como a festa dos freixós, o día do cocho ou a Queima, pero si farán actividades para os nenos e as nenas como un baile infantil, que vai ser no Rosalar, así como tamén farán o desfile do Entroido para o Martes de Carnaval.

Para o baile infantil as persoas adultas acompañantes terán que presentar o certificado covid para acceder á sala de festas Rosalar e os nenos e as nenas maiores de seis anos deberán usar tamén a máscara.

Con respecto ao desfile do Martes de Entroido, será obrigatorio o uso de máscara tanto para os participantes como para o público incluíndo tamén as charangas e as comparsas. 

Nesta edición repartiranse algo máis de 4.000 euros en premios repartidos para os tres primeiros de cada categoría, é dicir, o primeiro premio das Comparsas levará 500 euros, o segundo 400 e o terceiro 300; en Carrozas serán 300, 200 e 100 euros; en Grupos de mínimo 3 persoas 200, 150 e 100 euros; en parellas 150, 100 e 75 euros; e en individuais 100, 75 e 50 euros.

Na categoría infantil, os Grupos de mínimo 3 persoas levarán 200 euros, 100 e 50; as pParellas 150, 100 e 50 euros; e os individuais 150 euros, 100 e 50 euros.

Para obter información sobre a maneira de inscribirse no desfile recomendamos chamar aos teléfonos 982.128.689,  982.131.565 ou 982.120.565 ou ben consultar as webs do Concello ou de ACISA Ribadeo. Para participar no desfile pódese realizar a inscrición previa no Rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As  bases e a ficha de inscrición atoparanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na web www.acisaribadeo.es.