Skip to main content
Axenda Caducada

Volve o desfile e o concurso de entroido ao Saviñao

Por 8 Febreiro, 2022Marzo 1st, 2022Sin comentarios

A mellora na situación sanitaria que se está a vivir dende o ano 2020 permite a relaxación de medidas e, polo tanto, a celebración de festividades. Por iso, dende o Concello do Saviñao organizan o Entroido 2022, no que haberá desfile, concurso e moita música e diversión o día 1 de marzo.

Están convidados a participar todos os veciños xa sexa de maneira individual, en grupo ou comparsa. Serán consideradas comparsas as agrupacións de 7 ou máis integrantes. Para poder participar no desfile e no concurso deberán inscribirse antes do 25 de febreiro ás 14.00 horas. A inscrición pode realizarse de maneira presencial nas oficinas municipais de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas ou por correo electrónico savinao@telefonica.net

Todos os membros da agrupación deberán ir ataviados con vestimenta propia do entroido iguais ou integrados no motivo elixido polo grupo. A agrupación deberá participar ao completo e dunha forma activa no desfile do 1 de marzo, este día, cada grupo deberá ir identificado cun cartel onde figure de forma visible o nome legal da entidade, disfrace ou comparsa.

O desfile será polas rúas do Saviñao e estará animado pola charanga Leña Verde.

PREMIOS
O primeiro premio das comparsas, tanto da categoría infantil como a adulta, será de 300 euros, o segundo de 250 euros e o terceiro de 150 euros.

Haberá premio especial á mellor animación e á mellor carroza de 50 euros cada un.

Os disfraces individuais e grupos recibirán un premio de 60 euros o primeiro e 30 o segundo.

Todas as comparsas que participen, agás as gañadoras do primeiro, segundo e terceiro premio, recibirán un premio de participación de 60 euros para os grupos de 7 a 14 membros e de 100 euros se as comparsas ten 10 ou máis integrantes.