Skip to main content
Axenda Caducada

Xermade convocará un novo concurso de disfraces

Por 11 Febreiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

O Entroido chegará de novo a Xermade o luns 28 de febreiro coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os actos darán comezo ás 20.00 horas no pavillón polideportivo.

Coa festa convócase de novo concurso de disfraces con premios para grupos, parellas e individuais, que oscilarán entre os 200 e os 5o euros para os adultos e de 50 a 20 para os pequenos. Serán tres gañadores en cada unha das tres categorías para os veciños do Concello. Ademais, haberá unha categoría para a participación de persoas non empadroadas en Xermade con dos premios.

O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases.