Skip to main content
Axenda Caducada

Novas confirmacións completan o cartel do Esmorga Fest de Sarria

Por 12 Febreiro, 2022Abril 2nd, 2022Sin comentarios

O Esmorga Fest confirmou as últimas incorporacións ao seu cartel que completarán a cita do 1 e 2 de abril. Deste modo, Sarria acollerá Le Boom, The Haunted Youth, La Paloma, Rayotaser, El Chico López, Juanita Dinamita, Pálida, John Axiom e Don Gonzalo.

Le Boom é unha das apostas internacionais. Este grupo ten orixe en Irlanda e caracterízase pola súa música indie. O próximo álbum de Le Boom, que se lanzará a finais do 2022, rastrexa os altibaixos dun verán de festas en casa: latas nas mans, zoando ao redor dun altofalante bluetooth coas súas persoas favoritas.

The Haunted Youth é unha das promesas musicais europeas. Esta banda con sede en Hasselt toca pop psicodélico con cancións que falan sobre a desesperación a esperanza e a sensación de ser un inadaptado incomprendido.

Desde Madrid chega La Paloma unha banda afincada afincada en Tetúan (Madrid) formada por Juan, Rubén, Nico e Lucas. Este proxecto naceu na pandemia e finalmente se puxo en marcha a comezos de 2021 co único obxectivo de ser unha banda que evoluciona e fai cancións que lles gusta aos seus integrantes.

O Esmorga Fest acollerá tamén ao dúo formado por Álex Mera e Pablo López chamado Rayotaser. Estes dous artistas tratan de achegar o synthpop á electrónica con moita personalidade.

A banda de rock alternativo Juanita Dinamita tamén forma parte destas últimas corporacións.

El chico López é o proxecto de Gonzalo que naceu en Bos Aires e reside en Sarria. Dende os seus comezos en 2018 presentou diferentes sinxelos na vila e, en abril, será parte dos músicos que participen no Esmorga Fest.

O encargado de tocar música electrónica será José Garnelo, máis coñecido como Nelo, que conformou o seu proxecto Pálidas despois de ir a un concerto de The Field.

John Axiom é un ourensán que comezou de dj na súa cidade natal e que pouco despois comezou a facer a súa propia música electrónica.

Para completar totalmente o cartel, os asistentes ao festival contarán coa actuación do DJ. Don Gonzalo.

ESMORGA FEST

O festival celebrarase en Sarria os días 1 e 2 de abril. No ano 2020 a cita cancelouse tan só un día antes da súa celebración e, o ano pasado, tivo lugar o 24 de xullo sendo un evento totalmente gratuíto. Nesta cita os veciños puideron desfrutar das actuacións de Niña Coyote eta Chico Tornado, Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido.

Un aniversario fora de control foi o inicio do Esmorga Fest. Tras varios anos celebrándoo programando concertos de bandas como Holywater, Disco As Palmeiras, Maryland, Unicornibot… e as inquedanzas dos organizadores fai que den o salto e decidan crear o festival que coñecemos hoxe en día.