Skip to main content
Axenda Caducada

Quiroga volverá celebrar os cantos de taberna o 19 de marzo

Por 15 Febreiro, 2022Marzo 19th, 2022Sin comentarios

O Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude, organiza unha nova actuación dos “Cantos de Taberna”, co obxectivo da recuperación das nosas tradicións musicais. Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca.

Esta nova edición que se recupera despois de dous anos desenvolverase o sábado 19 de marzo.

Nestes V Cantos de Taberna cada agrupación musical participante realizará unha actuación de 20 a 25 minutos en cada establecemento, e rematarán todos xuntos cunha gran foliada.

Poden participar gratuitamente todas as agrupacións que o desexen cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 12. Para inscribirse teñen que anotarse na Casa da Cultura antes do día 15 de marzo, ben persoalmente ou a través do teléfono 982 435 125.