Skip to main content
Axenda Caducada

Adega organiza un roteiro este domingo na Serra do Xistral

Por 15 Febreiro, 2022Febreiro 20th, 2022Sin comentarios

Continuando co programa de roteiros As nosas sagradas montañas o vindeiro domingo 20 de febreiro Adega organizou unha visita á Serra do Xistral, “para coñecer todos os valores patrimoniais e ambientais ameazados polo proxecto da central hidroeléctrica reversíbel Xistral”. Guiará neste percorrido Manuel Camba, integrante da plataforma veciñal creada en oposición a este proxecto.

O autobús deixará aos sendeiristas no Trobo, no centro de Vilacampa onde comezará a andaina. Dende alí subirán ao Curvel onde hai unhas mámoas e restos líticos interesantes. Unha vez no Curvel, subirase campo a través ata os refuxios do paleolítico para finalizar no círculo neolítico con grande interese ao pé do Penito novo. Dende alí baixarán ata a pista que leva a Curro de Santo Tomé onde ten lugar a tradicional Rapa das Bestas. Aquí xantarán antes de coller novamente o autobús que os levará de volta.

A lonxitude aproximada da andaina será duns 10Km e de dificultade baixa. Para participar no roteiro é preciso reservar praza antes do venres 18 ás 13h. Toda a información e reservas están en www.adega.gal.