Skip to main content
Axenda Caducada

O CEIP Terra Chá fará o venres un desfile de Entroido polas rúas de Román

Por 23 Febreiro, 2022Febreiro 25th, 2022Sin comentarios

Os alumnos e profesores do CEIP Terra Chá de Román celebrarán o Entroido este venres cun desfile polas rúas da localidade, concretamente arredor do centro escolar.

O desfile sairá ás 11.00 horas do colexio e están invitados a participar calquera veciño o membro da comunidade educativa con especial protagonismo da comparsa do alumnado, O Castelo dos Pequechás.

O desfile estará animado pola charanga de Vilalba, Percusiona (a Escola de Música de Guntín) e Os Xingros, grupo tradicional, colaboradores de Luar na Lubre, que se estrean neste desfile.

Haberá tamén entrega de premios ao alumnado e un sorteo de Nadal para pais e nais do colexio.