Skip to main content
Axenda Caducada

Muras acolle reunións veciñais para falar da problemática do lobo

Por 28 Febreiro, 2022Marzo 11th, 2022Sin comentarios

Os próximos días 10 e 11 de marzo en distintos locais do Concello de Muras e a distintas horas, terán lugar unha serie de xuntanzas para abordar diferentes problemas no rural, entre eles o dos ataques do lobo.

Asitirán a estas reunións profesionais da empresa lucense Innogando, que explicarán distintas opcións para amosar solucións GPS, ademais de falar dos servizos agropecuarios de Muras e da PAC 2022-25, así como de diversos cursos de Medio Rural que se farán este 2022.

Así, están citados o día 10, ás 17.00 horas na escola da Balsa e ás 18.30 no local social de Muras. Ao día seguinte estarán ás 17.00 horas a escola de Silán e ás 18.30 horas a do Viveiró.

Esta variedade horaria disponse así para facilitar aos veciños a asistencia.